Catro persoas feridas nun choque frontal entre dous vehículos en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Estado no que quedaron os vehículos.

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a catro persoas que resultaron feridas nunha colisión frontal na que se viron implicados dous vehículos en Baiona, nun principio ningunha delas de gravidade. Segundo puido saber o 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos efectivos do GES de Val, Miñor, ao quedar atrapada no interior dun vehículo accidentado no choque. O sinistro ocorreu no punto quilométrico 20,000 da PO-552, á altura da parroquia de Baredo. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 17:35 horas para dar conta do accidente. Decontado, dende o 112 Galicia se informou do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, ao GES de Val Miñor, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada.

Anuncios