A Deputación achega máis de 3.800 € a Gondomar para financiar a “Gladiator Kids”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega por valor de 3.885 euros destinada a Gondomar ao abeiro da liña 2 do Plan Concellos, cuxa finalidade é realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos. Gondomar destinará esta achega á financiación da actividade “Gladiator Kids”, unha aventura gladiadora para os máis pequenos do lugar. A Deputación de Pontevedra pon este ano a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 2 do Plan Concellos, preto dos catro millóns de euros.