Anuncios
Ticker de novas

Brais Gómez, convocado co equipo de Galicia que competirá nos Campionatos de España júnior

O seleccionador galego de ciclismo convocou a un total de 12 ciclistas para tomar parte no Campionato de España en categoría júnior que terá lugar en Soria entre o 7 e o 9 do mes de setembro. Guillermo Sande contará con oito corredores e catro corredoras para disputar tanto a proba de contrareloj como a de fondo.

A convocatoria masculina compóñena Jorge Suárez Fernández (Cidade de Lugo); o baionés Brais Gómez Cima e Adrián Giráldez (Ponteareas); Martín Soutullo Trigo (Carballo a un paso); Daniel Sanín Sánchez e Manuel Sampedro García (Cambre); Uxio Sanmartín Domínguez (Cortizo Anova) e Roi Domínguez García (Fundación Óscar Pereiro).

En categoría feminina, Galicia estará representada por Carla Fernández Torres (Meruelo), María Correa Rubio (Farto), Ana Belén Domínguez Estévez (Marín) e Antía Crende (Cidade de Lugo).

Os Campionatos de España júnior 2018 celebraranse conxuntamente coas categorías de master. A competición iniciarase o venres 7 coa disputa da contrarreloxo a partir das tres da tarde e sobre un percorrido de 18,7 quilómetros. A xornada do sábado dedicarase en exclusiva aos master o que permitirá aos júnior recoñecer o trazado antes de afrontalo o domingo 9. As mulleres sairán ás 08:30 para completar 77,1 quilómetros mentres os mozos farán 123,7 quilómetros nunha proba que sairá ás 10:45 horas.

Anuncios