Atletismo Baiona imponse nas 24 horas de Vigo

FOTO: ATLETISMO BAIONA // O club baionés na entrega de premios.

Atletismo Baiona impúxose na modalidade por equipos mixtos da V edición da Carreira “24 horas de Vigo – 24VGO”, que se celebrou no parque de Castrelos comezando o sábado ás 12:00 do mediodía e finalizando á mesma hora do domingo. O club baionés foi primeiro con 384 voltas, por diante do Bikila Mixto (380) e Cambados-Noval 1 (377), segundo e terceiro respectivamente. En modalidade individual, José Manuel Conde finalizou en 14ª posición con 151 voltas, mentres que Carmen Fernández foi 3ª con 115 voltas. Atletismo Baiona subiuse ao podio en todas as edicións desta proba viguesa, con dous terceiros postos, na primeira e segunda edición, e dous segundos, na terceira e cuarta.