Anuncios
Ticker de novas

16 equipos disputaron o XII Torneo de Volei Praia 3×3 de Patos

Un total de 16 equipos disputaron este sábado a XII edición do Torneo de Volei Praia 3×3 na Praia de Patos, en Nigrán. Trátase dun torneo 3×3 amateur, familiar e para xogar en amigos, co obxectivo de pasar un bo día. O equipo vencedor foi Dinoseto Team, mentres que Los Choquiños foron segundos e Ruizmas terceiros. O encargado da entrega de premios e trofeos foi o alcalde de Nigrán, Juan González.

Anuncios