Nigrán ofrece o domingo en Panxón o espectáculo familiar “Mestura Máxica”

O Concello de Nigrán, a través do programa “Cultura no Camiño”, ofrece este domingo ás 20:00 horas no paseo de Panxón o espectáculo “Mestura Máxica” da compañía de maxia e teatro “A illa dos nenos”. A función, de 60 minutos aproximadamente, está pensada para un público infantil a partir de 3 anos. A compañía naceu no ano 2007 como froito dunha vocación cara o mundo da cultura teatral, apoiada por un traballo previo de moitos anos na educación e animación infantil. Esta compañía caracterízase pola fusión da maxia e o teatro enriba dos escenarios, e por unha especial inclinación cara ao entretemento do público infantil.

Anuncios