Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Gondomar.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita este xoves 23 de agosto o municipio de Gondomar. Estará na estación de autobuses, onde todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.