Anuncios
Ticker de novas

O tobogán acuático xigante volve a Gondomar para despedir o verán

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar decidiu volver pechar a programación “Cultura de Verán” este domingo 26 de agosto cun tobogán acuático xigante de máis de 100 metros que o pasado ano fixo as delicias de máis de 5.000 pequenos e maiores. Estará instalado na rúa Urbanización Miñor, fronte ao Auditorio Municipal Lois Tobío, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas. A entrada será libre e gratuíta para todas as idades.

Trátase dun tobogán de 110 metros de vinilo xabonoso e moita auga que farán alcanzar velocidades incribles, ata terminar nunha piscina de case un metro de profundidade, onde se produce a parada do esvaradío bañista. Para gozar da atracción só hai que poñerse o bañador ou biquini, coller carrerilla e lanzarse á pista, co flotador que será facilitado á entrada.

O único límite de idade que se establece é para maiores de 5 anos que midan máis dun metro de altura. Non se permiten as viaxes en parella nin que unha persoa súbase á outra. Tampouco está permitido saltar con mascotas.

Anuncios