Sin categoría

Baiona Street Food: tres días de comida rueira, concertos e actividades infantís

O Parque da Palma acollerá os días 24, 25 e 26 de agosto a primeira edición de Baiona Street Food. Baioneses e visitantes poderán penetrarse nun mundo de sabores cunha selección dos mellores food trucks, cunha variada, seleccionada e sorprendente oferta gastronómica pensada para todos os públicos. Hamburguesas premium, xeados artesáns, bocadillos de autor, ensaladas orixinais, tapas diferentes, cociña vegana, propostas sen glute, viños atlánticos, cervexas especiais…

Xunto a isto atoparanse cunha diversa oferta sociocultural con outlet pop-up market, obradoiros e diversión para os máis pequenos da casa -de 12:00 a 13:00 horas, e o sábado e o domingo tamén en horario de tarde de 19:00 a 20:00 horas-, sesións vermú con Povarelo -venres, sábado e domingo desde as 12:00-, e concertos. Visitarán o Escenario Mahou “En Mala Hora” -venres ás 22:30-, Black Stereo -sábado ás 22:30-, Concerto Momento Cunqueiro e Soul & Roll -domingo ás 13:30- e The Funkles -domingo ás 22:30-.

O evento está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona dentro da programación “Baiverán 2018”.