Anuncios
Ticker de novas

Xeira do IEM polos cumes de Peitieiros

FOTO: CENTRO CULTURAL DE PEITIEIROS // Imaxe dende a pista dos Outeiros Roxos, abaixo do alto da Paraguda, a 500 m de altura sobre o nivel do mar.

Este mércores 22 de agosto ás 19:00 horas terá lugar a décima xeira de verán do IEM, nesta ocasión sobre a toponimia do monte de Peitieiros: “Polos cumes de Peitieiros. A paisaxe nomeada”. Incluída tamén na VI Semana Cultural do Centro Cultural de Peitieiros, será guiada por Xosé Lois Vilar, arqueólogo e especialista en toponimia, autor, entre outros, dos libros: “Talasonimia da costa sur de Galicia” e “Os nomes do mar de Baiona e Panxón”. Con esta xeira, darase a coñecer unha parte do traballo de recollida de toponimia realizada polo IEM na parroquia de Peitieiros. O punto de encontro será no Alto de San Antoniño, na estrada Gondomar-Tui. Haberá dous intérpretes en lingua de signos para xordos.

Anuncios