O Gondomar Club de Fútbol continúa coa formación do seu persoal para a nova tempada. Carlos Javier Rodríguez chega ao equipo procedente do xuvenil División de Honra do Areosa. Formado no Deportivo la Guaira e no Atlético Venezuela, este atacante de 19 anos afincado en Vigo, afirma que chega «con moita ilusión de axudar neste novo proxecto».
Carlos Javier Rodríguez súmase ao novo proxecto do Gondomar CF

