Anuncios
Ticker de novas

Obradoiros de sexualidade na Casa Colorida

A Casa Colorida (Rúa Rosalía de Castro 16, Nigrán) acolle esta semana obradoiros de sexualidade da man de María de Dios Lorenzo, Terapeuta Menstrual e Experta en Educación Sexual.

O martes 21 ás 18:00 horas haberá o obradoiro “Ciclicidade e Intelixencia Sexual – Catro Mulleres, Catro Praceres”. Neste obradoiro práctico traballarase ao redor do desfrute do pracer nas diferentes fases do ciclo, no desenvolvemento da intelixencia sexual sobre o propio ser e os diferentes ciclos, sobre a consciencia dos mitos, culpas, medos, limitacións e abrir mecanismos para liberarse destes factores autoimpostos e falarase de como desfrutar unha vida sexual plena que axuda a crear saúde. Este obradoiro achegará ferramentas para toda unha vida. Os prezos para asistir a este obradoiro son de 15 € ou 12’50 Faircoins por persoa e 20 € ou 17 Faircoins por parella.

O mércores 22 de 17:30 a 19:30 horas terá lugar o obradoiro “Acompañamento á Sexualidade Adolescente”. Este obradoiro práctico está destinado a nais, pais e titores de persoas que van a entrar na adolescencia ou están nela. Nace da necesidade de xerar un espazo común onde xuntos construír e crear reflexións en torno á expresión da sexualidade nesta etapa, dende a actitude construtiva que poida xerminar nas criaturas e nas persoas adultas. Os prezos para asistir a este obradoiro son de 20 € ou 17 Faircoins por persoa e 30 € ou 25 Faircoins por parella.

Para participar nalgún dos dous obradoiros ou nos dous precísase inscrición previa a través do mail lunata404@gmail.com. E coma desde a Casa Colorida non queren que ninguén fique fóra do obradoiro por tema económico, os que non poidan facer fronte ao pago en euros ou FC, pode escribirlles e xuntos buscarán esas #OutrasEconomias que mellor se adapten.

Anuncios