Anuncios
Ticker de novas

Máis de medio centenar de carrilanas estrean o circuíto do Galiñeiro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // I Baixada de Carrilanas Concello de Gondomar.

Máis de medio centenar de vehículos participaron este domingo na I Baixada de Carrilanas organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Gondomar, repartidos nas modalidades Skeleton, Pneumática GX, Pneumática C1-C4, Gravity Bike, Pneumática C8-C9, Drift Trike e Rodamentos RX. O evento, incluído no programa “Cultura de Verán”, desenvolveuse nun circuíto de 1,2 quilómetros situado no Monte Galiñeiro, en Vincios, no tramo de estrada que vai desde o Merendeiro ata o picadero.

Pola mañá tiveron lugar as verificacións, mentres que a proba, puntuable para o campionato galego, celebrouse durante toda a tarde. Os vehículos completaron dúas mangas cronometradas e unha final de exhibición, finalizando a xornada coa entrega de premios no Merendeiro do Monte Galiñeiro de mans do alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro.

Na categoría Drift Trike (triciclos) levou a vitoria Carlos Rodríguez, acompañado no podio por Cristian Viqueira e Carlos Alcocer. Francisco Campos foi o primeiro clasificado na modalidade Gravity Bike, na que Sandra Souto ocupou a segunda posición. Na categoría Skeleton o gañador foi Mikel Corredoura, por diante de María Jesús Monteagudo.

En carrilanas pneumáticas C1-C4 o gañador foi Diego Baroja, por diante de Sergio Martínez e Roberto Ferreiro. En C8-C9 o mellor tempo foi o de José Iglesias, seguido de Jonathan Hermida e Jose Manuel del Río en segunda e terceira posición respectivamente. En carrilanas GX o primeiro clasificado en categoría colectiva foi Rubén Fariña. Na categoría individual o primeiro posto foi para Salvador Costas, mentres que Samuel Mallo e Manuel Dios ocuparon a segunda e terceira posición.

Manuel Baqueiro levou a vitoria en carrilanas RX individual, categoría na que Francisco Manuel Hermida foi segundo e Francisco José Hermida terceiro. En RX colectivo a vitoria foi para Andrea González, sendo segundo Jacobo Alonso e terceiro Diego Vila. O premio á carrilana máis orixinal foi para “Libélula”. Tamén levaron trofeo os pilotos locais, Jose Antonio González del Río, Hugo González del Río e Unai Conde García.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios