Cancelado o faladoiro do IEM a cargo de Adriana Nogueira Gassent

O Instituto de Estudos Miñoráns informa que por motivos de saúde de Adriana Nogueira Gassent queda cancelado o faladoiro titulado “A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar”, do ciclo “Presenza das mulleres”, previsto para este mércores 22 de novembro ás 20:00 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 baixo, Gondomar.