Noite de Fado en Baiona con Ana Pinhal

O Baiverán 2018 ofrece este sábado 18 de agosto un concerto de Fado a cargo de Ana Pinhal, ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona.

Ana Pinhal comezou a dedicarse á canción Pop, á Bossa Nova e ao MPB, até que, en 2002 integrou os coros de BoiteZuleika, banda coa cal viría a traballar até a súa extinción (2006), participando do disco “Éramos Assim” (2005).

O desexo de aprender máis lévaa a frecuentar clases de formación musical e canto. O primeiro contacto co Cante Flamenco foille proporcionado por Francisco Almeida, que por esta altura xa se interesara pola guitarra flamenca. A curiosidade que aquela arte lle espertou fíxoa desprazarse para Sevilla onde durante tres anos estudou Cante na Fundación Cristina Heeren.

Sorprendentemente foi en Sevilla, talvez pola saudade, que o fado conquistou o seu corazón e foi da comuñón coa guitarra de Francisco que fixo nacer Fado Violado. Con este grupo presentouse ao vivo en Portugal, España, Francia e Holanda. Actualmente, alén do proxecto Fado Violado, é fadista residente na “Casa da Mariquinhas”, no Porto, e no “Fado in Porto”, Caves Cálem, en Vila Nova de Gaia.

Anuncios