Val Miñor Fest, o gran festival dedicado á cervexa artesá, volve á Ramallosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Val Miñor Fest.

Val Miñor Fest, o gran festival da comarca dedicado á degustación da cervexa artesá e que con tanto éxito debuto o ano pasado con miles de asistentes, regresa dende o xoves ao domingo á Alameda de A Ramallosa. A filosofía do evento, organizado entre Concello de Nigrán e Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, mantense idéntica nesta segunda edición: degustación de cervexa unido a comida de rúa (food-trucks) nunha contorna única, con concertos de música, obradoiros para cativos, cursos e, como novidade, xogos populares de madeira para nenos. En definitiva, trátase dun festival de carácter familiar que busca divulgar este produto e profundizar na súa cultura .

Os asistentes poderán degustar oito de marcas de cervexa artesá de toda Galicia (Trisk Ale e Vacaloura, concretamente, de Nigrán) unidas a sendas etiquetas de Toledo, Bierzo, Ponferrada e Astorga. Val Miñor Fest arranca a tarde deste xoves (18.00 horas) con concertos de 20:00 a 00.00 horas e se estenderá ata o domingo dende o mediodía ata medianoite. Tódalas xornadas haberá sesión ‘beer-mú’ ao mediodía con música en directo e tamén dende as 20:00 horas. Nesta edición estarán presentes grupos como Pacheco Bross, Los Pontiaks, Blue Monk, Breaking Bones, El pelotón de los torpes ou Rockolas. Ademais, como novidade, haberá xogos populares de madeira para nenos e non faltarán oa obradoiros de Tatarina para nenos ou un curso de elaboración de cervexa artesá o 19 de agosto (inscrición previa en cursodecervexa@gmail.com).

“O ano pasado o Val Miñor Fest tivo unha acollida espectacular, forma parte xa dunha das nosas propostas máis señeiras do verán xunto ao Nigranjazz, Solpor, Vive Nigrán ou Season Fest. A situación deste tipo de eventos de carácter familiar ao aire libre e na contorna da Foz é éxito asegurado”, resume o alcalde, Juan González.

Todas as marcas terán prezos máis baratos que o habitual nestas cervexas e haberá para tódolos gustos: cervexa rubia tradicional, suaves ou ata de 12 graos, de castañas, con mel, chile…

A programación polo miúdo pode consultarse no facebook Val Miñor Fest. As marcas de cervexa artesá que estarán presentes son Bubela (Lugo), A cova da serpe (Lugo), Trisk-Ale (Nigrán), Vacaloura (Nigrán), Belecker (Ponferrada), Nos (Vigo), Áncora (Ourense), Nasa (Pontevedra), Cervexas Silvestres (Pontevedra), Castreña (Bierzo), Sagra (Toledo) e Trechura (Astorga).