Anuncios
Ticker de novas

Danny Boy-Rivera actúa no ciclo “Baiona con humor”

Este mércores 15 de agosto continúa o ciclo “Baiona con humor”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura, coa actuación de Danny Boy-Rivera. O monólogo comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona. Danny Boy-Rivera presenta un desternillante monólogo sobre a sociedade que nos rodea e o pouco entusiasmo por marcar a diferenza e defender os ideais dun mesmo. A diversión está máis que asegurada.

Anuncios