Tango e folclore arxentino con Juan Carlos Cambas en Baiona

O pianista arxentino Juan Carlos Cambas celebra os seus 25 anos de carreira musical cunha xira que inclúe un concerto na Praza do Concello de Baiona, este martes 14 de agosto ás 23:00 horas con entrada gratuíta. Para iso preparou un espectáculo que resume a súa traxectoria artística, acompañado dalgúns dos seus amigos artistas: Davide Salvado, Rosa Leiro, Manolo Gómez e Cristian Silva.