A Festa dos 80 é xa unha dos eventos imprescindibles do verán en Gondomar. Miles de persoas se reúnen para rememorar a época dourada dos 80 e homenaxear a unha das discotecas máis míticas da zona: Novecento. Este ano a organización do evento está realizada pola Concellería de Cultura para a súa programación de verán, coa colaboración da empresa de realización de eventos Elemental Street, con ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de acontecementos.
A Festa Novecento 2018 de Gondomar celebrarase nos días 14, 15 e 16 de agosto no campo de As Cercas, e terá unha programación cargada de contido para distintos públicos. Unha das propostas máis atractivas do evento é a parte gastronómica: o público poderá desfrutar de distintas opcións da mellor comida en formato foodtruck. As retrocaravanas servirán a mellor gastronomía para repoñer forzas e desfrutar das distintas sesións de djs e a súa música oitenteira, as actividades infantís ou pasear polo espazo de market.
Haberá ao redor de 5 foodtrucks, ao redor de 5 stands market, bar con ampla variedade de bebidas e cocktails, con aposta prioritaria polo produto galego, variada proposta culinaria (incluídos produtos sen gluten) e prezos axustados ao espírito de rúa, programación musical con concertos en directo e Dj´s, actividades infantís para toda a familia.
PROGRAMA
14 Agosto 2018 <Acompañan á actuación de Cristian>
*19:00 Apertura do espazo a público
*19:30 Música ambiente
*22:30 Espectáculo de Cristian no escenario do Parque de Ánimas
*24:00 Fin do evento e reapertura de carpa e ambiente footruck
*24:00 Festa foodtruck con música Dj
15 Agosto 2018 FESTA DOS ‘80
*Foodtrucks abertos toda a tarde
*12:30 Sesión Vermouth actuación de “1er verano sen Mariano”
*18:00 Guateque infantil
Exhibición de danza
Obradoiros Pintacaras
*22.30 Guateque de adultos
Merchy Treviño Banda
Sesión DJ
16 Agosto 2018 <Acompañan á festa da escuma e inchables>
*12:30 Sesión Vermouth actuación de “21 gramos”
*17:00 Festa de Inchables no Parque da Coelleira
*20:00 Festa da Escuma

