Anuncios
Ticker de novas

A Xunta asina convenios de patrocinio co Club Ciclista Rías Baixas, a ED Val Miñor e a AD Vincios

FOTO: XUNTA DE GALICIA

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, o xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e mais o director de zona de Abanca, Ramón Lourido, asinou na tarde de hoxe os convenios de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia, neste caso dos equipos de Vigo e a súa área. O Plan de patrocinio, que para esta tempada contará cun orzamento global de 2.420.000 euros, está financiado pola Fundación Deporte Galego (1.694.000 euros) e por Abanca (726.000 euros) e beneficiará a un total de 166 equipos galegos o que representa un incremento de case o 26% con respecto ao ano anterior, cando foron 132 os equipos beneficiados, e do 86,5% respecto ao primeiro ano do Plan, na tempada 2008-2009 que contou con 89 equipos patrocinados. Neste sentido, Marta Míguez, valorou concretamente “o incremento do número de equipos femininos patrocinados: 28 equipos na tempada 2008-2009, 54 o exercicio pasado e 69 na actual campaña”. “Porque dalgún xeito ten que verse reflictido que cada ano somos máis as mulleres que practicamos deporte, ben sexa federado ou non”, engadiu.

Para a máxima responsable do deporte galego, estes 166 convenios representan “o traballo ben feito de todas aquelas entidades que prestan un servizo fundamental para a nosa sociedade: a accesibilidade ao deporte e á competición deportiva”. A secretaria xeral manifestou que “a Xunta de Galicia debe ser ese defensor e protector da práctica deportiva, como o é da cultura ou da educación” xa que “o patrimonio deportivo de Galicia vai en aumento e achega á sociedade uns valores fundamentais ligados a un estilo de vida saudable”. “Ese é o noso papel como patrocinadores do deporte de Galicia: continuar apostando cada ano con máis forza pola vida deportiva e os valores deportivos necesarios para o conxunto da sociedade como son o esforzo, o traballo en equipo, o respecto ao adversario a ás normas ou mesmo á vida saudable”, apuntou.

En termos absolutos, desde que o Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia botou a andar na tempada 2009-2010 a Xunta leva consignados a este aspecto uns 17,4 millóns de euros. Unha cantidade, dixo a secretaria xeral, “que sería inalcanzable se non contásemos co apoio de ABANCA” a quen agradeceu “o seu esforzo e a súa aposta decidida polo deporte galego”.

Ao fío desta idea, a secretaria xeral identificou o Plan de patrocinios como “un excelente negocio” xa que apostar polos deportistas galegos “é apostar sobre seguro”. Así, Marta Míguez fixo un chamamento a todas aquelas entidades privadas para que, como ABANCA, “se sumen a este compromiso que beneficiará, sen excepción, a todos os habitantes de Galicia”.

Os 40 equipos de Vigo e a súa área que asinaron hoxe os convenios de patrocinio foron: o Club Ateltismo Feminino Celta, Real Club Celta de Ateltismo, Club Bádminton As Neves, Club Deportivo Bosco, Club AMFIV, Club AMFIV B, CD Balonmán Chapela, Club Balonmán Cangas, Club Balonmán Seis do Nadal-Coia, Club Balonmán Porriño, Club Sociedade Deportiva Carballal, Club Balonmán Atlético Guardés, Sociedade Atlética Redondela, Halcones de Vigo Béisbol Club, Trasnos Béisbol Club, Club Bowling Celta, Club Ciclista Rías Baixas, Club Ciclista Spol, Club Ciclista Vigués, Racing Cycling Team, Club de Esgrima Vigo El Olivo, Alondras Club de Fútbol, Club Deportivo Areosa, Coruxo Club de Fútbol, Escolas Deportivas Val Miñor Nigrán, Federación Viguesa de Peñas Recreativas ‘El Olivo’, SCD Atlántida de Matamá, Sárdoma Club Fútbol, Asociación Educativa, Cultural, Lúdica e Deportiva O Fisgón Morrazo, Club de Mar Ría de Aldán feminino e masculino, Club Kaiak Tudense feminino e masculino, Vigo Rugby Club, Agrupación Deportiva Vincios feminino e masculino, Cinania TM, Sociedade Deportiva Tirán, Club Deportivo Xuvenil Teis e Club Vigo Voleibol.

Anuncios