Anuncios
Ticker de novas

Romaría na honra de Santa Marta no barrio do Burgo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de Santa Marta.

O barrio do Burgo, pertencente á parroquia baionesa de Baíña, celebra este mércores 15 de agosto a romaría de Santa Marta na Capela que leva o seu nome. Pola mañá haberá Misas ás 8:00, 9:00, 10:00 e 11:00, comezando a Solemne ás 12:30 seguida de procesión. Pola tarde celebraranse Misas ás 18:00, 19:00 e 20:00 horas. Todos aqueles que o desexen poderán compartir o momento da comida todos xuntos, ben levando a comida de casa ou ben comprando nos postos que estarán a disposición dos asistentes.

Anuncios