Anuncios
Ticker de novas

Flota como Poidas: 18 hilarantes embarcacións sucan a desembocadura do Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Un dos artefactos flotantes.

Un total de 18 artefactos flotantes sen motor participaron na tarde deste domingo na sexta edición da xa tradicional concentración “Flota como Poidas”, organizada por terceiro ano consecutivo polo Concello de Nigrán. Os valentes tripulantes e as súas hilarantes embarcacións volveron divertir e sorprender aos milleiros de asistentes que se achegaron ata A Ramallosa.

A travesía desenvólvese desde as ramplas de acceso ao Río Miñor, navegando en sentido descendente ata a punta da Ladeira e regresando ao mesmo punto, onde os participantes puideron gozar dun refrixerio, e onde se realizou a entrega de premios. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela.

O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afección pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima á vez que se divirten.

O premio para o artefacto máis currado foi para “Miñosissipi”, a tripulación máis simpática foi a de “Imos de Troula.com”, o premio á familia máis intrépida e participativa foi para “Maripompas”, “Xurásicos” foi o artefacto máis cutre, e “Ollo que van… os de sempre” levou o premio Titanic. O participante máis novo foi Javier Herrera Gentil de “Super Hero Challenger” e o máis maior José Antonio González Esmerade, integrante de “Os Perellos”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios