Anuncios
Ticker de novas

O equipo liderado por Víctor Vidal continuará á fronte da Comunidade de Montes de Chandebrito

Este domingo celebráronse as eleccións á Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Chandebrito, en Nigrán. A candidatura encabezada polo actual presidente, Víctor Vidal, resultou a elixida cun total de 42 votos a favor. Antonio Fontán ocupará o cargo de vicepresidente, mentres que Julio Pérez será o secretario e Rufino Figueroa o tesoureiro. Como vogais, Santiago Santos representará ao barrio de Rozadas, Carmen Rial o de Pracíns, José Igrexas o da Igrexa e Manuel Pérez o de Tomadas. A segunda candidatura, formada por Pablo García Rial, Jose Davila Alonso, Carlos Gómez Costas, Jose Manuel Costas Correa “Lilo” e Jose Luis Ameneiro García, obtivo 10 votos dos 54 emitidos. 2 foron en branco.

Anuncios