Anuncios
Ticker de novas

Dúas candidaturas concorrerán este domingo ás eleccións da Comunidade de Montes de Chandebrito

Este domingo día 12 de agosto ás 11:00 da mañá terán lugar as eleccións á Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Chandebrito, en Nigrán. Aos comicios presentaranse dúas candidaturas, unha delas a liderada por Víctor Vidal, actual presidente e que espera continuar á fronte da entidade. Completan a lista Antonio Fontán, Julio Pérez, Rufino Figueroa, Manuel Pérez, José Iglesias, Carmen Rial e Santiago Santos.

A segunda candidatura está formada por Pablo García Rial, Jose Davila Alonso, Carlos Gómez Costas, Jose Manuel Costas Correa “Lilo” e Jose Luis Ameneiro García. Segundo sinalan, a súa intención é traballar pola restauración da paisaxe e a valorización do monte, investindo nel todo o que sexa necesario para que se converta nun monte multifuncional de verdade, realizando as actuacións precisas para ter uns bos equipamentos e accesos no caso de catástrofes coma a dos lumes forestais, aínda que consideran necesario realizar unha auditoría de contas dos últimos anos.

Anuncios