Anuncios
Ticker de novas

700 atletas disputarán este sábado en Praia América a carreira “Nigrán Area”

Carrera Popular Nigran Arena

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor organizan este sábado 11 de agosto a oitava edición da carreira “Nigrán Area” coa participación de 700 atletas. A proba dará comezo ás 10:00 horas coa categoría Cadete/Sub 16 seguida de Infantil/Sub 14, Alevín/Sub 12, Benxamín/Sub 10, Prebenxamín e Pitufos, sendo a absoluta ás 11:00 horas.

Os circuítos, que van desde os 100 metros na categoría Pitufos ata os 6 quilómetros na carreira absoluta, discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia América, son circuítos chairos sobre a area mollada da praia, aproveitando a marea baixa. O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo (a absoluta dispoñerá, así mesmo, de chips para o control de tempos).

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador na tarde de hoxe venres no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 minutos antes da celebración da carreira). Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría, tanto feminina como masculina, e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín/Sub 12 ata Cadete/Sub 16 e a todos os Pitufos, Prebenxamíns e Benxamíns/Sub 10 até fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.

Haberá servizo de avituallamento ao fin da carreira. Tamén haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón. A carreira contará cunha ambulancia dispoñible durante o evento.

Anuncios