Anuncios
Ticker de novas

Festa do Neno na Praza da Carrasca

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca de Parada, en Nigrán, continuará este xoves 9 de agosto coa súa XXV Semana Cultural coa celebración da Festa do Neno a partir das 18:30 horas. Haberá inchables, conta contos, globoflexia, xogo de maquillaxe artística… e grandes sorpresas.

A semana cultural finalizará o venres 10 coa festa gastronómica de ovos con chourizo no “Xogo dos Bolos” da Praza da Carrasca a partir das 21:30 horas. O evento, que cumpre a súa VIII edición, estará amenizado polo Grupo de Gaitas Vai na Herba da Asociación de Veciños “O Freixo” de Vigo.

Anuncios