Continúa o “Cine na Praza” en Baiona con “La, la, land”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este martes 8 de agosto proxectarase a película “La, la, land”, ás 23:00 horas na Praza do Concello. Mia (Emma Stone), unha nova aspirante a actriz que traballa como camareira mentres acode a castings, e Sebastian (Ryan Gosling), un pianista de jazz que se gaña a vida tocando en sórdidos tugurios, namóranse, pero a súa gran ambición por chegar á cima nas súas carreiras artísticas ameaza con separalos.