Arranca a Semana Cultural de Morgadáns con teatro, danza, música e animación infantil

Grupo de danza LDanzia.

O Centro Cultural de San Roque de Morgadáns organiza do 8 ao 14 de agosto a súa Semana Cultural, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Gondomar, a Entidade Local Menor de Morgadáns e a Comisión de Festas de San Roque e Libramento. Abrirá a programación prevista o grupo de teatro “Bertorella” coa obra “Os pintores clónicos” o mércores 8, e seguiranlle o grupo de gaitas Treboada de Donas o xoves, o grupo de danza LDanzia o venres, o grupo de danza Paradela de Gondomar o sábado, o grupo de teatro “A Moura” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín o domingo coa obra “A Revirada”, un espectáculo de animación infantil con Volvoreta e Voltereta o luns e o grupo de gaitas Balcón do Val Miñor o martes. Todas as actividades serán a partir das 21:00 horas.

Anuncios