Anuncios
Ticker de novas

O mar de Panxón case se traga outro coche

FOTO: JUAN MARIÑO // O vehículo semisumerxido.

Non é a primeira vez, nin moito menos, e tampouco será a última. Un vehículo terminou semisumerxido na auga en Panxón, en Nigrán. O turismo, un Opel Astra, estaba estacionado na rampla do porto e o mar comezou a cubrilo. Os feitos rexistráronse durante a tarde do domingo. É habitual atopar decenas de vehículos estacionados no lugar, pero os propietarios adoitan retiralos a medida que sobe a marea. Neste caso, o descoidado condutor non se decatou a tempo e a auga comezou a rodear o coche, que foi retirado polo guindastre municipal. Tamén, como é costume, o suceso fixo que moitos bañistas e paseantes achegásense ao lugar para inmortalizar o ocorrido.

Anuncios