Sin categoría

Clausurado o “XXXIV Torneo de Tenis Concello de Nigrán Intersport”

Desde o 30 de xullo as instalacións municipais Dunas de Gaifar de Nigrán acolleron o “XXXIV Torneo de Tenis Concello de Nigrán”, torneo histórico da comunidade. Esta edición tivo unha gran acollida e as diferentes categorías foron moi igualadas. O Club de Tenis Nigrán segue coa tendencia á alza tanto das súas escolas como das actividades.

A gran vantaxe deste torneo é que conta con categorías de nenos e adultos de todos os niveis, federados e non federados, o que xera unha gran acollida. Ademais a proximidade ás praias fai que o torneo sexa “especial”. Onte domingo tiveron lugar as finais proclamando a Alfonso Santos campión da categoría absoluta.

Destacar tamén os grandes resultados obtidos por Marta Rivero, campioa infantil e subcampioa cadete, e Teresa Castro, campioa veteranas +45 e subcampioa do dobres feminino absoluto. A organización está encantada con esta edición e promete superarse na seguinte.