Sin categoría

A Deputación aproba novas achegas para Nigrán cun valor de 300.000 €

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar cinco novas achegas para os concellos de Cangas, Nigrán e Salceda de Caselas, dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”. Estes investimentos supoñen un total de 809.823,03 euros.

O concello de Nigrán recibirá por parte da Deputación dúas achegas cun valor de 300.613,10 euros. Concretamente, a institución provincial achega 101.626,25 euros para o acondicionamento de beirarrúas na contorna do pavillón polideportivo de Panxón; e outros 198.986,85 euros para a ampliación da rede de saneamento en Lagoíña, Labrego, Xestal e Palomar. O goberno de Carmela Silva xa destinou a Nigrán 801.870,94 euros do Plan Concellos 2018, o que supón o 46,9%.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.