Sin categoría

Romaría da Virxe da Saúde en Parada

A parroquia nigranesa de Parada celebra este domingo 5 de agosto a Romaría na honra da Virxe da Saúde. Na véspera, o día 4, celebraranse Misas ás 12:00 do mediodía e ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas. O día da festa, o domingo 5, haberá Misas desde as 6:00 ata as 11:00 da mañá cada hora. Ás 12:15 celebrarase a cantada polo coro “Ecos do Castelo” de Parada, seguida da procesión. Pola tarde haberá Misas ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas. O luns 6 terá lugar unha Misa ás 21:00 horas e a despedida da Virxe será o 19 de agosto ás 11:00 da mañá.