Anuncios
Ticker de novas

Máis de 10.000 persoas xa participaron nas campañas de igualdade e medio ambiente dos #RíasBaixasFests

As campañas de concienciación promovidas polo goberno de Carmela Silva nos #RíasBaixasFests da Deputación de Pontevedra avanzan con rotundo éxito e xa acumulan unha participación por enriba das 10.000 persoas. Rematados os catro primeiros festivais (Portámerica, Atlántic Fest, Vive Nigrán e SinSal) estase a percibir unha excelente acollida das campaña de sostibilidade “Somos historias, somos sostibles”, e das campañas de igualdade “Conta comigo. Eu respéctote” e “Lembra, eu decido, ti respecta.

Ata o momento, no ecuador do verán musical na provincia, a Deputación de Pontevedra, segue a desenvolver a campaña de sensibilización para previr as violacións a as agresións por submisión química. A iniciativa iniciada o ano pasado baixo o lema “Lembra, eu decido, ti respecta” vai dirixida tanto a mozos como a mozas e con ela repártense material explicativo no que se mostra con claridade os límites nas relacións e danse a coñecer este tipo de agresións facendo fincapé en que son un delito e que a culpa nunca é da vítima. A novidade deste ano para todos os #RíasBaixasFests é a posta en marcha da campaña “Conta Comigo eu Respectote”, especialmente dirixida aos mozos. Con ela preténdese que os mozos amosen o seu rexeitamento ante este tipo de conductas, non sexan cómplices e situarse claramente fronte aos agresores.

Neste stand de igualdade, durante os primeiros catro festivais a Deputación de Pontevedra atendeu a máis de 4.500 persoas, repartiu 4.400 sombreiros, 13.200 adhesivos e distribuíu máis de 8.000 trípticos. A iniciativa está a espertar un grande interese, especialmente entre as mulleres, que son o 62% das persoas que achegáronse ata os puntos de información. Moitas delas interactuaron coas axentes de igualdade para compartir casos de violencia sexual que viviron de primeira man.

Respecto á iniciativa de sustentabilidade, “Somos Historias, Somos Sostibles”, a Deputación xa repartiu máis de 6.000 ecocabichas (1.200 no Portamérica, 1.500 no Vive Nigrán, 2.200 no Atlantic Fest e 800 no Sinsal). Amais, o persoal da institución provincial percibiu que o público que se achegou ata os stands da institución provincial interesáronse moito por esta pioneira iniciativa. Esta acción, encamiñada ao compromiso co medio ambiente, está pensada para concienciar á sociedade sobre a importancia de recoller os residuos máis nocivos nestas contornas, como son as cabichas e os plásticos. Con esta proposta buscase que o público recolla estes materiais e a cambio se beneficien de sorteos de entradas para festivais na edición do 2019.

As tres campañas, coas que a Deputación de Pontevedra quere complementar a oferta lúdica e musical con espazos para cambiar conciencias, tamén estarán presentes o vindeiro fin de semana en Bueu, co “SonRías Baixas”, posteriormente, no “Marisquiño” (en Vigo do 10 ao 12 de agosto) e no “Revenidas” (en Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, do 17 ao 19 de agosto).

2018-08-01 - VIVE NIGRAN 3

Anuncios