Anuncios
Ticker de novas

Gondomar estrea o seu vídeo promocional “O ton da auga, o son da pedra”

Tras dun ano de intenso traballo, a empresa Ollomol Audiovisual en colaboración coa asociación O Faiado da Memoria, vén de entregar á Concellería de Turismo o vídeo “Gondomar: O ton da auga, o son da pedra”. Nel plásmase a múltiple efervescencia creativa dun concello vital, simbolizada pola potencia e a beleza dos cabalos salvaxes ceibes que surxan os nosos montes.

Rescata a un Gondomar diluído no Val Miñor, para darlle un protagonismo activo, unha singularidade con forte personalidade en temas como a paisaxe, a arte románica, os petróglifos, os castros ou os pazos.

Unha forma de vida onde os deportes no medio natural, as festas tradicionais e gastronómicas ou os curros dánlle un alma máxica a este Gondomar -amante da liberdade no medio natural, da calidade de vida residencial e da vida sosegada- que fai fronteira con urbes industriais ou con vilas con turismo praia intensivo.

A pedra cultivada para a arte dende lonxanos períodos históricos e a auga que abroia polos ríos Miñor, Morgadáns ou Zamáns, proveniente de multiples cursos de auga, que sinalizan tesouros forestais de bosque atlántico, resumen o espírito de Gondomar no video que leva por título “O ton da auga, o son da pedra”.

Anuncios