Anuncios
Ticker de novas

O “Roberto Sendinho” volve gañar o Torneo de Voley Praia de Baiona

A Praia da Ladeira acolleu o sábado o XIX Torneo de Voley Praia “Gran Premio Villarosa-La Caixa”. Preto de 175 deportistas repartidos en 34 equipos participaron no primeiro dos catro torneos que organiza o Concello de Baiona durante os meses de xullo e agosto.

A competición, organizada polo Club Vigo Voleyball conxuntamente coa Concellería de Deportes do Concello de Baiona, comezou ás 10:00 da mañá e desenvolveuse en dúas fases, a primeira con grupos en sistema de liga todos contra todos a 1 set de 21 puntos e as fases eliminatorias cun sistema de eliminación directa ao mellor de 3 sets a 15 puntos. No caso da competición Sub-14 os partidos comezaron ás 16:00 horas.

O equipo vencedor desta XIX edición foi o “Roberto Sendinho”, que revalidou o título tras derrotar aos “Basqueteros” na gran final. “Ruizmas” e “Veteranos del Vao” foron os equipos semifinalistas.

No cadro de consolación 1 o equipo campión foi “Los Xavales”, quedando subcampión o “Tri Vao”. “Javalíes” gañaron no cadro de consolación 2, sendo os subcampións “Biologic”.

Na categoría Sub 14, os campións foron “Vigo Pat”, despois de vencer na final a “Los Megatrones”. “Bacalaos” e “ Rapema Navia” chegaron ás semifinais.

Anuncios