Continúa o ciclo “Baiona con humor” con Edu Mutante

Este martes 31 de xullo continúa o ciclo “Baiona con humor”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura, coa actuación de Edu Mutante. O monólogo comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona.

Edu Mutante é humorista profesional desde hai 15 anos traballando en teatros, salas, convencións, TV e Radio. Actualmente colabora en Radio Marca Barcelona (Repartint Joc), CoolturaFM Radio (Incooltura), Radio Port (QUE + DÁ) e en ETV (Scenik). Tamén é o presentador do novo espectáculo de ReEugenio, “Inèdits ReEugenio”. Todos os venres na Sala Luz de Gas de Barcelona. Ademais, é un dos cómicos máis solicitados do circuíto nacional de comedia realizando máis de 100 actuacións ao ano.

En “Imitólogos” Edu Mutante fai un espectáculo de humor, mesturando o monólogo de stand up comedy, coa imitación de personaxes. Desde os máis actuais como Chicote ou Pedrerol, ata vellas glorias inmortais na nosa memoria como José Luis López Vázquez. Improvisación e moita interactuación co público e un final moi musical. Edu Mutante é un todoterreo do humor e un canalla en toda regra.

Anuncios