200 ciclistas participaron na VI Marcha Cicloturista de Oia

O club Ciclismo Oiense participou o pasado sábado con dous equipos de estrada e un de BTT, con cinco ciclistas cada un, na X Subida á Groba, organizada pola Concellería de Deportes de Baiona. O equipo Ciclismo Oiense-CBM Team, resultou gañador absoluto por segundo ano consecutivo e o equipo mixto Ciclismo Oiense-In situ alcanzou o terceiro posto da xeral. En BTT o equipo de Ciclismo Oiense-BTT alcanzou o segundo posto. Xa pola tarde, colaborou na organización da Festa da Bicicleta de Oia, na que participaron numerosos ciclistas de todas as idades para facer un paseo de 10 km.

O domingo celebrouse a VI Marcha Cicloturista de Oia, coa participación de 200 ciclistas chegados de toda Galicia, outras comunidades autónomas e Portugal. Tamén houbo unha andaina de 10 km. moi animada para os acompañantes dos ciclistas. Finalizaron todas estas actividades cunha comida de confraternidade e entrega de recordos acompañados polo padriño da marcha, Marcos Serrano, e autoridades.

Anuncios