O CB Baiona organiza en agosto o seu Campus de Verán e o Torneo 3×3 de Basket

O Club Baloncesto Baiona organiza no mes de agosto coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Baiona o Torneo Villa Rosa-laCaixa de Basket 3×3 e o seu Campus de Verán.

O Torneo Villa Rosa-laCaixa de Baloncesto 3×3 celebrarase o 10 e 11 de agosto nas pistas da Palma. Participarán as categorías Sub 12 (nacidos ata 2006), Sub 16 (nacidos ata 2002), Adultos Feminino e Adultos Masculino. Haberá camisetas de agasallo para todos os participantes, sorteos de material deportivo e premios para os gañadores.

O Campus de Verán desenvolverase do 13 ao 17 de agosto no Pavillón Municipal de Baiona. Durante 5 días en horario de 10:00 a 14:00, os mozos e mozas gozarán de sesións onde aprender moito baloncesto, coñecer xente nova e divertirse con actividades complementarias.

Por un prezo de 40€ para socios e 50€ non socios, ademais da merenda a media mañá de cada día, o campus inclúe saída á praia, xogos en inglés, adestramentos adaptados por nivel, grupo especial Baby Basket (desde os 4 anos), visita de xogadores e adestradores, competicións e agasallos para todos.

Anuncios