Continúa o ciclo “Baiona con humor” con David Navarro

Este martes 24 de xullo continúa o ciclo “Baiona con humor”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura, coa actuación de David Navarro. O monólogo comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona.

David Navarro Martos (Xaén, 1976) é un actor, presentador de televisión, humorista, monologuista e escritor español. É licenciado en Dereito pola Universidade de Xaén, tras o cal obtivo praza de funcionario tras unhas oposicións. No ano 2003 gravou o seu primeiro monólogo na canle de televisión Paramount Comedy, onde foi coordinador de cómicos durante seis anos, renunciando para iso á súa praza de funcionario.

Ademais, foi columnista en Diario Jaén. Traballou nos programas Noche Sin Tregua e Solo Ante el Peligro, onde creou varios personaxes como “El Enrea”, “El hijo de Utah” ou “Manolo Navarro”. Foi presentador do concurso de televisión Smonka! e participou en Muchachada Nui, La Familia Mata e Aída. En 2015 estreou no Teatro Calderón de Madrid o espectáculo “Cowboy Espacial”.

Anuncios