Sin categoría

O condutor dun camión cargado con bombonas de butano dá positivo indiciario en drogas

O día 19 de xuño unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa (Pontevedra), detectou no Km 133 da N-550, termo municipal de Vilaboa, a un condutor de 30 anos de idade, que conducía un camión cargado de bombonas de butano, sen facer uso do cinto de seguridade.

Sometido á proba de droga lanza un resultado positivo indiciario en cocaína, pendente de confirmación por laboratorio, así mesmo procedeuse á inmobilización do vehículo, ata a chegada dun condutor alternativo.

O condutor foi denunciado por unha infracción moi grave polo positivo en drogas e outra grave por non facer uso do cinto de seguridade, que conleva en total unha sanción de 1.200 € de multa (600 € coa redución do 50%), así como a retirada de 10 puntos do permiso de condución.

Á gravidade de conducir con presenza de drogas no organismo unha vez se confirme o resultado polo laboratorio, súmase o feito de facelo á fronte dun transporte de mercadorías perigosas, polo grave risco para os demais usuarios da vía, en caso dun accidente de circulación.