Sin categoría

Andrés Romero regresa ao Gondomar CF e Juan Fernádez incorpórase ao equipo

O Gondomar Club de Fútbol continúa coa configuración do equipo para a próxima tempada. Este domingo informaron da renovación de Juan Fernández e o regreso de Andrés Romero. O gardamallas Juan Fernández chegou ao club dende o Rápido Pereiró, tras formarse nas categorías inferiores do Rápido de Bouzas. O xogador, de 20 anos, asegura que segue «coa ilusión de devolver esta histórica entidade á Preferente». Andrés Romero, defensa de 20 anos, é outro xogador de Gondomar que retorna. Será a súa segunda tempada no club, logo de estar hai dous anos nel, cando chegou procedente do Gondomar FB. Vén coa «ilusión de devolver o Gondomar onde merece».