O Gondomar CF renova a Sydney Borja e incorpora a Álex Vila

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Sydney Borja.

O Gondomar Club de Fútbol continúa coa conformación do persoal para a próxima tempada. Hoxe informou da renovación de Sydney Borja e da fichaxe de Álex Vila. Sydney Borja, natural de Gondomar, cumprirá a súa cuarta tempada no equipo, ao que chegou procedente do Gondomar FB. Anteriormente, militou nas categorías inferiores do Val Miñor. O xogador de 22 anos, ten ganas de «axudar ao equipo do pobo a que volva a ser grande». Outro veciño de Gondomar, o gardamallas Álex Vila, incorpórase procedente do Alondras CF, da Terceira División. Tamén militou no Ourense CF , tras iniciarse no Areosa e Gondomar FB. Aos 22 anos vén convencido porque «é o momento de que esteamos todos, e axudemos e traballemos para levantar o equipo».