Sin categoría

O Gondomar CF renova a Álex Villa e ficha a David Bas

O Gondomar Club de Fútbol vén de anunciar a renovación de Álex Villa e a fichaxe de David Bas. Álex Villa, natural da Vila Condal e capitán do equipo, leva catro anos no club logo do seu paso pola ED Val Miñor e o Rápido de Bouzas. O xogador de 25 anos segue co “deber de subir o equipo a Preferente, logo da pasada tempada”. David Bas, tamén natural de Gondomar, chega procedente do Atios. Anteriormente militou seis tempadas no Coruxo, tras iniciarse no Vilariño. O xogador, de 20 anos, chega “con gañas de traballar e axudar ao equipo, e con ilusión por facelo máis grande”.