Anuncios
Ticker de novas

Sidonie protagoniza este sábado o Concerto Mahou Cinco Estrellas de Vive Nigrán

Este venres arranca en Praia América a segunda edición de Vive Nigrán e Mahou volverá ser un dos principais patrocinadores do festival. Nesta ocasión, a cervexeira reforza ademais a súa colaboración con diferentes propostas musicais e de lecer que ocupan un lugar destacado no cartel do evento.

No marco da aposta da marca pola música, Sidonie chegará o sábado 21 ao festival para protagonizar, a partir das 23:15 horas, o Concerto Mahou Cinco Estrellas de Vive Nigrán. A banda barcelonesa, unha das grandes referencias da escena indie nacional, levará o seu directo, enérxico e espectacular, ao Escenario Mahou do festival, no que se celebrarán os concertos máis destacados desta edición.

Ademais, o festival contará nesta ocasión cun Espazo Mahou deseñado especificamente para Vive Nigrán. Será un punto de encontro no Festival no que se poderá gozar de distintas sesións de DJ ao longo do fin de semana e ao que Mahou levará a Abraham Boba DJ Set (León Benavente) para a noite do venres 20, con dous pases diferentes ás 20:00 e ás 22:30 horas, e a Sidonie DJ Set para amenizar a sesión do sábado ás 15:00 horas.

Mahou apoia a música e comparte a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público.

Anuncios