Anuncios
Ticker de novas

O festival Stella Maris Season Fest promociónase en Vigo

O festival Stella Maris Season Fest, que se celebra en Praia América os días 3, 4 e 5 de agosto, realizará este mércores un acto promocional en Vigo para presentar o evento na cidade olívica. A cita terá lugar na planta 2 do Centro Comercial Gran Vía ás 20:00 horas e contará coa actuación dun dos grupos teloneiros do festival, a banda Los Árboles, unha das formacións de pop actual con máis tirón en Galicia.

Los Árboles interpretarán algúns temas do seu último traballo, “Ensayo y error”, e atenderán ás preguntas do público. Este grupo, xunto aos lucenses Gin Toni’s, serán os encargados de abrir o concerto que Café Quijano ofrecerá o venres día 3 no Campo de Lourido, recinto onde se celebra o festival.

Los Árboles é un grupo de pop-rock galego que comezou a xestarse a finais de 2010. Aos poucos apareceron os primeiros concertos en pequenas salas e festivais, teloneando a Coque Malla e Love of Lesbian, entre outros. Na actualidade, con tres traballos discográficos no mercado, ten miles de seguidores e son un dos grupos con máis presenza nos festivais galegos.

Anuncios