Tal e como adiantou ValmiñorTV, polo menos unha candidatura presentaríase este martes na asemblea extraordinaria convocada pola Directiva en funcións do Gondomar Club de Fútbol, celebrada no Centro Neural. Moisés Iglesias será o novo presidente da entidade centenaria da Vila Condal durante os próximos catro anos. En declaracións realizadas a este medio tras ser elixido, sinalou que nas próximas semanas configurarase a directiva, e avanzou que o equipo xa conta con novo adestrador, César Sánchez, que a tempada pasada dirixiu o Villalonga. Así mesmo, manifestou que a intención do club é seguir demandando o cambio do actual céspede natural de As Gaiandas por céspede artificial, o que supoñería un custo de mantemento moitísimo menor. Con este cambio existe a posibilidade de que o club poida adestrar no mesmo terreo no que xoga as competicións e non como actualmente que o usa cada quince días debido á problemática da súa base.
Moisés Iglesias, novo presidente do Gondomar Club de Fútbol

