Mario Conde non participará no ciclo de conferencias de Baiona “ante o balbordo político”

FOTO: GTRES // Mario Conde.

O Departamento de Cultura do Concello de Baiona informa que ante o balbordo político e as notas de prensa publicadas en relación á conferencia de Mario Conde prevista para este xoves día 19 de xullo ás 20:00 horas en Capitanía Marítima e recibindo unha renuncia oficial por parte do mesmo, vese na obrigación de anular dita conferencia por desexo expreso do relator, que transmitiu que “non pode permitir que se faga publicidade á súa costa, nin danar a súa imaxe por motivos políticos”.