Anuncios
Ticker de novas

“Cine na Praza” en Sabarís coa proxección da película “Power Rangers”

Este martes 17 de xullo continúa o ciclo “Cine na Praza”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Ás 23:00 horas proxectarase a película “Power Rangers” na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

A película segue a cinco novos predestinados a converterse en algo extraordinario cando descobren que tanto o seu modesto poboado, Angel Grove, como o resto do mundo, están ao bordo da aniquilación por unha ameaza alieníxena. Os nosos heroes descobren rapidamente que son os únicos que poden salvar ao planeta, pero para logralo terán que superar problemas da vida real e unirse baixo o nome de Power Rangers antes de que sexa demasiado tarde.

Anuncios