Sin categoría

3.000 persoas empápanse de pintura ao ritmo da música electrónica en Praia América

Máis de 3.000 nenos e mozos asistiron á “Midnight Paint Party” que o Concello de Nigrán ofreceu este sábado, unha proposta de ocio destinada ao público máis xuvenil e animado e tamén ás familias, un concepto novo de diversión nacido en Ibiza que combina durante todo o día a música electrónica en directo con choiva de pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais, animación, megatrón…

O evento, que se celebrou en 1.500 m2 da zona de aparcadoiro de Praia América-Lourido, é unha experiencia completa onde o público, ademais de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, baila con DJ’s nacionais e internacionais de primeiro nivel, goza de actuacións en directo, animación, espectáculo pirotécnico… A pintura, a gran protagonista, dispénsase desde oito canóns xunto ao macroescenario, dúas bombas con mangueira e caldeiros.

A “Midnight Nigran Paint Party” estivo destinada a un público familiar pola mañá, con sesión infantil gratuíta de 12:00 a 14:00 horas, e os maiores de 16 anos puideron desfrutar desde as 15:00 ata as 23:00 horas de 8 horas de música con Ludwig Van Brothers, Malifoo, Robbie Cee, Intro Élite, Luka Caro, Groove Amigos, Dumore, Hiddn e Traffic House.

A marca “Midnight” é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e acadando o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de ocio nocturno.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.