Anuncios
Ticker de novas

O Pavillón de Panxón acolle a exposición “El agua de la vida” de “Botando unha man”

O Pavillón Municipal de Panxón acolle ata o 22 de agosto de 9:00 a 14:00 horas a exposición “El agua de la vida”, do centro de día de persoas maiores “Botando unha man”. Nesta mostra recóllese mediante un panel o traballo creativo de pintado dun mural que realizaron os usuarios no propio centro de día, ademais, permanece exposta unha escultura de vidro realizada coa axuda dun monitor.

Anuncios